Experiencias inspiradoras

Descubre a historia doutras persoas que se incorporan á agricultura

Foto 24

Andrés e Roberto Cayetano

Andrés e Roberto son dous irmáns, veciños de Arbo, que diversificaron as súas actividades económicas adentrándose no mundo da olivicultura e da apicultura, collendo o relevo dun proxecto posto en marcha dende o GDR Terra e Auga no cal, entre outras actuacións, se recuperou un antigo olivar e creouse un apiario.

Foto 25

Isabel Pardellas

Isabel Pardellas é unha moza veciña de Covelo que, xunto coa súa familia, desenvolven os seus proxectos de vida: Gandería Sesteiro e Carnecería Enxebre. Un claro exemplo de incorporación de mozos á actividade gandeira e a creación de novos servizos no rural como a carnicería onde venden a carne da súa propia gandería.

Foto 26

Iria e Laura de Comecois

Laura Santiso e Iria Rodríguez, veciñas de Covelo e A Caniza, están detrás do proxecto ComeCois, una empresa de cría e venta de caracois da especie «Helix Aspersa Müller». Un auténtico proxecto innovador no que a tipoloxía de produción se refire. Un proxecto que supera o millón de exemplares comercializados ao ano.

Foto 27

Miguel Garrido

Miguel Garrido é un veciño de Salvaterra de Miño dende onde se posicionou á vangarda europea coa súa explotación gandeira da raza boer, orixinaria de Sudáfrica. Destaca tamén o traballo de xenética desenvolvido a nivel de inseminación artificial e selección de embrións con porcentaxes de éxito superiores ao 90%.

Foto 28

Natalia Rodríguez

Natalia Rodríguez é a promotora da Adega Corisca, de Salceda de Caselas, a primeira adega en producir viño ecolóxico dentro da DO Rías Baixas na subzona Condado do Tea. Natalia, ademais de ser unha desas mulleres pioneiras no sector agrario, é un claro exemplo de como cambiar o rumbo da vida, deixando a súa anterior profesión onde exercía a avogacía, para centrarse integramente na adega.

Scroll al inicio