A NOSA SEMENTEIRA

Terranova é un grupo operativo que busca fomentar e dinamizar os ecosistemas territoriais de apoio á instalación no sector agrario. Sementando a vida, preservando o futuro.

SOBRE O PROXECTO

Iniciar un proxecto agrario

A agricultura ofrece moitas oportunidades laborais e vitais. Incorporarse ao sector é un proxecto ilusionante, mais non está exento de retos. Dende o GDR Terra e Auga podemos apoiarte a definir o teu plan e identificar os recursos necesarios para poñelo a andar.

Por onde comezar

GDR Terra e Auga

O GDR Terra e Auga, que abrangue 10 concellos do interior da provincia e Pontevedra, é un territorio de oportunidades para iniciar unha actividade agrogandeira, apostar por produtos de calidade e impulsar o sistema alimentario local e sostible.

O camiño da incorporación na agricultura e gandería

Iniciar unha nova actividade no mundo agrogandeiro é un proceso con varias etapas e dimensións. Dende o GDR Terra e Auga apoiámoste para facer do teu proxecto unha realidade.

Recursos do territorio

Un proxecto agrario precisa de diversos recursos. Coñecer onde atopalos no territorio é o primeiro paso para acceder a eles. Entra no visor para coñecer o territorio e as súas posibilidades.

Experiencias inspiradoras

Andrés e Roberto son dous irmáns, veciños de Arbo, que diversificaron as súas actividades económicas adentrándose no mundo da olivicultura e da apicultura, collendo o relevo dun proxecto posto en marcha dende o GDR Terra e Auga, Mixturando, no cal, entre outras actuacións, se recuperou un antigo olivar e creouse un apiario.
Isabel Pardellas é unha moza veciña de Covelo que, xunto coa súa familia, desenvolven os seus proxectos de vida: Gandería Sesteiro e Carnecería Enxebre. Un claro exemplo de incorporación de mozos á actividade gandeira e a creación de novos servizos no rural como a carnicería onde venden a carne da súa propia gandería.
Laura Santiso e Iria Rodríguez, veciñas de Covelo e A Caniza, están detrás do proxecto ComeCois, una empresa de cría e venta de caracois da especie «Helix Aspersa Müller». Un auténtico proxecto innovador no que a tipoloxía de produción se refire. Un proxecto que supera o millón de exemplares comercializados ao ano.

Cóntanos o teu proxecto!

 

 

Se tes calquer dúbida, escríbenos.

Scroll al inicio