A Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga
En Galicia existen actulmente 24 Gupos de Desenvolvemento Rural, que se reparten por tódolos concellos exceptuando as principais cidades. O noso territorio de actuación abrangue os seguintes concellos do interior do sur da provincia de Pontevedra: Arbo, A Caniza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Dúas comarcas naturais, A Paradanta e O Condado, e o concello de Salceda de Caselas, un ámbito de actuación marcado socioeconomicamente pola influencia da área metropolitana de Vigo. Un territorio de contrastes, con unha zona oriental de montaña e outra suroccidental máis suave, deseñado e perfilado polos diversos afluentes do Río Miño, fronteira natural co noso país veciño, Portugal.
A Bolsa de oportunidades do GDR Terra e Auga
No territorio do GDR Terra e Auga, ao igual que en gran parte de Galicia, vénse manifestando desde hai varios anos un proceso de abandono das actividades agrarias, e con elas das aldeas do rural, que, entre outras consecuencias, ten o seu reflexo no crecente número de terras agrarias ociosas ou abandonadas e os consecuentes riscos medioambientais.
Isto mostra certas consecuencias negativas non só desde o punto de vista da produtividade agraria senón tamén da nosa relación co medio ambiente e a biodiversidade. O abandono de terras nas paisaxes de agricultura tradicional galegas supuxo e supón a expansión das áreas de mato que conlevan a perda de hábitats seminaturais de elevado valor ecolóxico e cultural ligados á actividade humana. En moitos casos esta expansión considérase globalmente negativa xa que implica a aparición de grande cantidade de biomasa, o cal implica un importante incremento do risco de incendios e as súas consecuencias. Noutros casos, esas terras abandonadas son ocupadas por plantacións forestais, conformadas por especies de crecemento rápido, ou explotacións agrarias intensivas, fundamentalmente viñedos. Así, a simplificación e substitución dos mosaicos naturais de usos do solo característicos do medio rural tradicional por monocultivos empobrece enormemente a biodiversidade asociada aos primeiros.
Xunto co abandono da actividade agraria, aparece o deterioro e abandono das aldeas e vilas rurais, con vivendas vacías e en estado ruinoso que se perden na memoria e con elas o patrimonio e legado histórico das nosas aldeas.
Por que xorde?
O GDR Terra e Auga ven traballando dende hai varios anos na loita contra o abandono agrario e en converter os problemas en novas oportunidades. No período 2023 a 2027 ven executando a súa Estratexia de Desenvolvemento Local, REVERDECENDO, unha folla de ruta que busca recuperar, activar e conectar os recursos e capacidades do territorio para construír un modelo máis sostible, resiliente e con futuro. REVERDECENDO cobra vida a través de diferentes proxectos e iniciativas que, aínda que abordan ámbitos diversos, comparten un mesmo propósito e avanzan nunha mesma dirección.
O Grupo Operativo Terranova é un deses proxectos a través do cal REVERDECENDO chega ao territorio, pondo o foco nas persoas que queiran continuar e poidan incorporarse á actividade agraria, clave para que o medio rural teña futuro.
Terranova fortalece os apoios que fan posible o relevo xeracional, facilitando a continuidade de explotacións existentes e a chegada de novos axentes, conectando cedentes con quen toma o relevo e quen pode acompañar no proceso. O mapeo de axentes e recursos, a capacitación técnica e dinamización de espazos de colaboración son actuacións contempladas dentro deste proxecto.
Como ferramenta complementaria, xorde a posibilidade de crear un banco de vivendas que poida facilitar a incorporación de axentes de fóra do territorio, contribuíndo así á loita contra o despoboamento das aldeas.

